Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Goberno ve "normal" a investigación da Fiscalía Europea

O Goberno ve "normal" a investigación da Fiscalía Europea

O PP denuncia que a mala xestión do Goberno acabou con vidas humanas

G24.gal 06/11/2026 14:34

O Goberno ve normal a investigación da Fiscalía Europea e defende a transparencia do Ministerio de Transportes. O Partido Popular critica a xestión do Executivo e vincúlaa coa traxedia de Urda, en que morreron 69 persoas.

O Goberno entende que é normal que dende a Unión Europea se fiscalicen os fondos europeos. E que se comprobe a que foron destinados. Dende a esquerda, Podemos pon o foco na liberalización dos servizos. O grande erro, segundo Irene Montero.

O PP lamenta que a Unión Europea non se fíe do Goberno español. Tamén que a corrupción e a mala xestión acaba tendo consecuencias moi graves. Dende o Adif aseguran que atenderon as peticións do persoal da Fiscalía e que prestaron toda a información solicitada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade