Publicador de contidos

Publicador de contidos

O PP acusa o PSOE de converter o Ministerio de Transportes no "cortello da corrupción"

O PP acusa o PSOE de converter o Ministerio de Transportes no "cortello da corrupción"

Dende o Goberno din respectar a investigación en curso

G24.gal 05/11/2026 14:18

Tras a nova operación da UCO, o Partido Popular acusa o PSOE de converter o Ministerio de Transportes no "cortello da corrupción". Dende o Goberno din respectar a investigación en curso. Optan pola prudencia e piden deixar traballar os investigadores e a xustiza.

Mentres, dende o Partido Popular non desaproveitan a oportunidade. Definen a Pedro Sánchez como sinónimo de corrupción, neglixencia e desastre para España. E que esta nova operación co rexistros na casa de Ábalos supón, dixo Miguel Tellado, "a traca final do sanchismo decadente".  

E, insiste o dirixente popular, o responsable de todo é Pedro Sánchez, e que é cuestión de tempo que deba responder ante os tribunais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade