As papeletas co nome de Óscar Puente riscado serán válidas
A Xunta Electoral de Valladolid anuncia que se admitirán igualmente estas papeletas, pese a solicitude do PSOE de modificalas
A Xunta Electoral de Valladolid ordena que as papeletas co nome do exministro Óscar Puente riscado se consideren válidas. A súa renuncia tras a publicación das listas fai que cambialas sexa imposible legalmente.
O pasado mércores 4 de novembro, o PSOE formulou unha petición para suprimir o nome de Puente das papeletas. A razón alegada era tratar de evitar a confusión do electorado e aclarar os novos candidatos. Pois o obxectivo último era, segundo o PSOE, "adecuar a papeleta á realidade da candidatura no momento da votación".
A solicitude foi denegada pola Xunta Electoral con razón da inmodificalidade das papeletas unha vez se proclaman os candidatos recollida no BOE.
Tras a negativa da Xunta Electoral, fontes do PSOE de Castela e León explicaron a EFE que eran conscientes de que era difícil que se modificaran as papeletas tras a publicación das candidaturas.