Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sánchez propón blindar as pensións e Feijóo di que xestionará e non esquecerá

Sánchez propón blindar as pensións e Feijóo di que xestionará e non esquecerá

Pedro Sánchez aposta por profundizar nos logros sociais e por evitar converterse no patio traseiro da ultradereita

Núñez Feijóo sostén que con el volverá funcionar "un  país colapsado" e que haberá seguridade nos trens

G24.gal 08/11/2026 14:27

Desde Bilbao, Pedro Sánchez asegurou que blindarán a revalorización das pensións na Constitución e que o salario mínimo seguirá unha liña ascendente.

"Aos grandes empresarios, aos que cobran máis de 400.000 euros e aos que lles molesta que aos traballadores cobren 18.000 euros non se lles poida subir o salario mínimo interprofesional, eu aquí digo que mentres goberne imos subir todos os anos o salario minimo interprofesional".

Sánchez reivindicou o seu non a Trump en relación co incremento do gasto en Defensa ata o 5% do PIB e aventurou o que farán Feijóo e Abascal.

"Estes vanse atrever a dicirlle a Trump que non ao cinco por cento do produto interior bruto se gobernan? Estes tragan con todo: co cinco por cento, coa guerra de Irán, co xenocidio en Gaza".

En Málaga, Nuñez Feijóo reivindicou a súa capacidade de xestión e prometeu que fará que as cousas funcionen. Tamén asegurou que non esquecerá:

"Non me vou esquecer das vítimas, non me vou esquecer de Urda, non me vou esquecer de Adamuz, non me vou esquecer do medo que ten a xente cando se sobe a un tren, non me vou esquecer da península, non me vou esquecer das illas, non me vou esquecer de Melilla e non me vou esquecer de Ceuta".

Feijóo aposta por construír un millón de viendas fronte ao que cuaificou como "hipocrisía" do PSOE neste tema.

"Baixo o seu goberno producíronse máis de 290.000 desafiuzamentos. Pero agora interesaba que o último desafiuzamento que se estaba producindo en Madrid fose o que iniciara a campaña".
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade