Publicador de contidos

Publicador de contidos

A policía traslada os migrantes dun campamento temporal no porto en Ceuta

A policía traslada os migrantes dun campamento temporal no porto en Ceuta

A intención é reagrupar os migrantes nos puntos habilitados para desmontar os campamentos con pouca ocupación 
 

EFE/ Reduan EFE/ Reduan
G24.gal 08/11/2026 10:47

A Policía Nacional de Ceuta puxo en marcha a primeiras horas da mañá deste domingo un operativo no campamento de migrantes provisional do Peirao de Poñente coa intención de trasladar as persoas cara a outros lugares para proceder ao seu desmantelamento.

Segundo informaron a EFE fontes policiais, esta mañá decenas de axentes de varias unidades da Policía Nacional acudiron a este campamento para despregar un operativo especial de traslado.

O obxectivo é que os migrantes que están no interior sexan trasladados ao Centro de Atención Temporal de Estranxeiros (CATE) do Tarajal para proceder á súa identificación e posteriormente poder ser aloxados noutros centros temporais habilitados polo Goberno.

Esta acción prodúcese despois de que esta mesma semana o ministro de Política Territorial, Ángel Víctor Torres, advertira que nos próximos días ía iniciar o desmantelamento dalgúns dos centros temporais abertos para a acollida destas persoas.

A medida produciríase tendo en conta que estes campamentos están habilitados con máis de 7.000 prazas e neles había censados 5.800 persoas.

O Goberno ten distribuídos ata sete emprazamentos en distintos puntos da cidade, polo que a intención é reagrupar os migrantes nalgúns deles para permitir desaloxar e desmontar os que teñan pouca ocupación. 
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade