A Xunta ofrece ás empresas solo, naves preacondicionadas e vivenda para os traballadores
Galicia Industria 360 é un novo modelo de implantación industrial que busca que a comunidade siga medrando
Explicouno Alfonso Rueda no último día de retiro de traballo do seu equipo en Leiro
A Xunta ofreceralles ás empresas que queiran instalarse en Galicia chan industrial, naves e vivenda para os traballadores.
"Galicia industria 360 é unha nova iniciativa que vai consistir nun novo modelo de implantación industrial que integra nun só paquete o solo industrial, as naves preacondicionadas e, cando sexa necesario, as vivendas para as persoas que van traballar nesas industrias", asegurou Alfonso Rueda.
Segundo explicou Rueda, o proxecto busca captar investimentos e asegurar que Galicia siga medrando tamén no económico e no industrial.
"Así funciona un bo goberno, detectando as necesidades e traballando todos en conxunto para darlles resposta", detallou o Presidente da Xunta.
A iniciativa está enfocada en localidades pequenas e vai comezar con catro proxectos piloto, un en cada provincia galega.