Publicador de contidos

Publicador de contidos

Incidentes no Ensanche compostelán tras a manifestación coa que se pechou a folga xeral

Incidentes no Ensanche compostelán tras a manifestación coa que se pechou a folga xeral

Un grupo de manifestantes guindou material pirotécnico contra un edificio en construción da rúa Romero Donallo

G24.gal 12/11/2026 08:15

Unha multitudinaria manifestación percorreu as rúas de Compostela na tarde deste mércores coa que se puxo fin a unha xornada de protestas convocada na capital co gallo da folga xeral.

Milleiros de persoas tomaron as rúas da cidade para reclamar salarios dignos unha solución ao problema da vivenda. A marcha, convocada para as seis da tarde, comezou media hora despois do previsto e percorreu as rúas do Ensanche compostelán.

Á altura da rúa Romero Donallo, un grupo de manifestantes guindou material pirotécnico e causou desperfectos nun edificio en construción mentres coreaban consignas reivindicativas.

De momento descoñécecese o alcance dos desperfectos. Tampouco se reportaron datos de detidos ou lesionados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos