Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha moza de 26 anos falece ao bater coa moto contra un noiro en Mos

Unha moza de 26 anos falece ao bater coa moto contra un noiro en Mos

A condutora morreu horas despois do sinistro no hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo

A moto que conducía a falecida. GES Mos A moto que conducía a falecida. GES Mos
G24.gal 19/09/2026 13:22 Última actualización 19/09/2026 13:53

Unha moza de 26 anos faleceu este venres nun accidente de moto ocorrido na N-550 ao seu paso por Mos. Veciña deste concello, faleceu no hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo ao que foi trasladada tras o sinistro.

Segundo o 112, a condutora foise da vía por causas aínda sen determinar e bateu contra un noiro á altura do punto quilométrico 149, na parroquia de Louredo. Un amigo viaxaba noutra moto.

O Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Mos, que se atopaba realizando outro servizo na zona, asegura que ambos os dous circulaban a modo.

O lugar do sinistro. GES Mos O lugar do sinistro. GES Mos
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade