Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta Fortuna volve pagar un mal inicio coa derrota en Almería (2-0)

O Celta Fortuna volve pagar un mal inicio coa derrota en Almería (2-0)

Os andaluces desnivelaron o choque axiña cos goles de Melamed e Javi Muñoz

O Fortuna mellorou e gozou dalgunhas ocasións, pero non foi quen de marcar

G24.gal 20/09/2026 20:46

Outro galo da segunda, o Almería, foi quen de derrotar o Celta Fortuna nunha moi boa primeira metade do equipo andaluz. A primeira oportunidade foi para Miguel de la Fuente que remata ao ferro, so pasaran dous minutos desde o asubío inicial de Sánchez López.

Embarba foi o que tivo a segunda ocasión do partido...e o que para o seu tiro a queimarroupa e Coke Carrillo, minuto 5 do primeiro acto. Xa que logo a insistencia local tivo premio. 

O un a cero chegou nunha acción de Nico Melamed, que engancha unha pelota na frontal imposible para Coke Carrilo. 15 futbolistas do Almería teñen experiencia xa na primeira divisón.

O dous a cero nace na banda dereita do ataque almeriense; un centro de Luna e un remate eficaz de Javi Muñoz para certificar a superioridade dos locais no Almería Stadium.
 
Na segunda metade o Fortuna ofreceu máis resistencia e de feito non apañou ningún gol dos almerienses, que tiveron a primeira do reinicio nun lanzamento de  Embarba que se vai alto. 

Xa contra o final do choque a ocasión dos locais foi para Morcillo. E un minuto máis tarde, a oportunidade de Mateo Sobral que a piques está de coller portería... O pase de Morci para Miguel de la Fuente foi a derradeira dos de García Pimienta. E por parte dos de Fredy Álvarez foi Kibet o que puido marcar no minuto 86 e enganchar ao filial céltico no encontro.

 Dous a cero para os andaluces ante un Fortuna que queda con 7 puntos.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade