Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Lugo vence en Zamora (1-2) e colócase no grupo de cabeza

O Lugo vence en Zamora (1-2) e colócase no grupo de cabeza

Segunda vitoria consecutiva dos de Borja, e terceira en catro xornadas

Foto: @CDeportivoLugo
G24.gal 20/09/2026 21:28

A segunda vitoria consecutiva do Lugo mantén os de Borja Fernández na loita polo liderado. Venceron en Zamora. Dauda estrelou un balón no pau. E xusto despois, centro de Pere Haro e gol de Arturo Palma. Minuto 32.

E cinco despois, no 37, penalti sobre el mesmo, penalti que marca Álex Gallar. 

Co 0-2 chegouse o descanso. No segundo tempo, Carlos Ramos estrelou un balón no pau... o mesmo que Alan Godoy, que acababa de entrar no campo. E no engadido, Carlos Ramos puxo o 1-2, se cadra o gol que evita o liderado dos galegos porque teñen peor diferenza de goles que a UD Logroñés.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar