O Celta Fortuna suma un empate diante do Sabadell en Balaídos (1-1)
O filial adiantouse axiña por medio de Álvaro Marín, pero empatou Edgar
O marcador xa non se moveu na segunda metade
Para dicir que un encontro é pechado e aburrido, os adestradores soen recorrer o eufemismo de partido táctico. Pois ben, eso foi o que se viu en Balaídos. Un choque atascado, onde o máis interesante sucedeu nos primeiros vintecatro minutos.
No seis, adiantáronse os vigueses. O debutante Ndiaye envía un balón longo que Codina despexa o lugar equivocado, onde estaba Alvaró Marín para marcar o un a cero.
Terceiro gol do navarro que poñía o seu equipo nunha situación de privilexio para xestionar a vantaxe.
Sen embargo, o Sabadell foi medrando segundo pasaba o tempo achegándose cada vez máis a meta de Coke.
Nunha desas visitas chegou o tanto da igualada nun córner aberto sacado por Ripoll rematado polo central Edgar González sumado o ataque.
Tralo descanso o Celta sumou unha nova baixa as seis coas que contaba antes de iniciarse o encontro. Oscar Marcos caeu mancado e foi substituido por Angel Arcos.
Que nada máis entrar viu como o colexiado lle anulaba un gol a Baena por fóra de xogo.
O Sabadell era o dono do partido. Joel Priego puxo a proba a Coke e de seguido Alain Ribeiro, o ex do Pontevedra e o ruso Obolski amenazaron con romper a igualada pero o marcador xa non se movería.
O Celta sumaba un punto, pero tres xornadas sen gañar, mentres que os cataláns continúan sen vencer como visitantes.