O Lugo leva o derbi do Anxo Carro contra o Rácing (1-0)
Decidiu o partido un gol de Álex Gallar concedido logo da revisión do FVS
O Rácing pediu un gol pantasma e, na segunda metade, foi anulado un gol de Eto'o por fóra de xogo
O Lugo deítase no liderado tras superar o Rácing no derbi. Gran ambiente no Anxo Carro e primeiros minutos de dominio local. No minuto 20 chegou o único gol do partido, gol con suspense. Porque o colexiado sinalou fóra de xogo de Álex Gallar. Logo de revisar a acción, concedeu o tanto. Terceiro tanto de Álex Gallar esta temporada.
Tamén tivo que revisar esta acción, o gol pantasma de Arroyo. E logo de pasar varios minutos diante do monitor, Conejero Sánchez considerou que o balón non chegou a traspasar completamente a liña e non condeceu o gol.
A segunda metade foi un asedio do Rácing. Ojeda rematou desviado. E no 89 Morchiladze viu o vermello directo por esta entrada. Cun home máis, os departamentais aumentaron o seu dominio. Cercaron á área de Marc Martínez pero nin Eto'o en dúas ocasións nin Ropero no engadido do engadido atoparon porta. Malia a derrota, ánimos dos máis de 1500 racinguistas desprazados. E máis felicidade no Lugo que segue sen perder.