Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Breogán estréase na Liga ACB con vitoria sobre o Joventut no Pazo (110-104)

O Breogán estréase na Liga ACB con vitoria sobre o Joventut no Pazo (110-104)

Gran triunfo sobre o supercamión con dez xogadores por riba dos dez puntos

O partido vivímolo en directo na TVG, como faremos todos os domingos ás 12:00h 

Foto: EFE
G24.gal 27/09/2026 14:29

O Breogán sumou a primeira vitoria da temporada. E fíxoo diante dun Joventut que viña de proclamarse campión da Supercopa na súa pista. O equipo tiña como misión frear ás estrelas do cadro de Badalona. Pero Ricky Rubio sumou 18 puntos, e Laprovittola acadou 22. Diante deste panorama, os breoganistas tiveron que ser demoledores en ataque.

Ata sete xogadores locais remataron por riba dos 10 puntos, encabezados por Rasir Bolton con 17. Mavra achegou 16, por 14 de Francis, Brankovic e Brown. A actuación coral culminárona Ilic con 11 puntos e Andersson García con 10.

Con esta gran actuación, o Breogán gañou o marcador parcial de todos os cuartos excepto do terceiro, aínda que se mantivo sempre por diante. No treito decisivo, triplas espectaculares de Mavra, Tevin Brown e Andersson García remataron de desnivelar ochoque, que queda nun pazo exhultante.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade