Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Leyma Coruña da unha boa imaxe pero non pode co campión da ACB (111-97)

O Leyma Coruña da unha boa imaxe pero non pode co campión da ACB (111-97)

Os coruñeses competiron, pero un Brooks imparable no segundo cuarto con tres triplas consecutivas rachou o partido

O xogador local acabou con 25 puntos

Foto: EFE
G24.gal 15/11/2026 14:01

O Leyma Coruña fixo un partido serio na pista do Valencia Basket, un rival que posúe o título ligueiro e tamén o liderado da Euroliga. Os coruñeses sabían que tiñan que facer un partido perfecto se querían ter opcións no Roig Arena, e o certo é que mantiveron o tremendo ritmo dos locais no primeiro cuarto, que chegou á pausa cun aberto 27 a 24.

Pero o segundop cuarto comezou cunhas prestacións tremendas do home do partido. Brooks anotou tres triplas consecutivas, e a partir de aí os valencianos comezaron a abrir unha fenda no marcador, que medrou ata o descanso (62-45).

No terceiro cuarto os coruñeses non baixaron os brazos e, comandados por Pacheco e Jorgensen, conseguiron outro 27-24, que os mantiña a distancia de podérense meter no encontro cun bo parcial durante oúltimo cuarto. E así aconteceu, cun 1-7 de saída que os deixaba so 12 abaixo.

Radoncic e Skapintsev, con boas accións, mantiñan esa desvantaxe de 12, pero o Valencia Basket non perdeu a concentración. Ao final chegouse cun 111-97, que significa a sexta derrota dos coruñeses, nunha pista case inaccesible.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade