Carles Marco: "Hai que gozar desta Liga, pero cun coitelo entre os dentes"
O Leyma xoga no Coliseum ante o Bilbao Basquet de Jaume Ponsarnau, o seu mentor nos bancos da ACB
Carles Marco viviu a semana pasada en Barcelona o seu debut como adestrador principal na liga Endesa. Este domingo (12:00 horas, TVG) contra o Bilbao Basket, será a primeira oportunidade de exercer como tal ante o seu público no Coliseum. Vaino facer contra Jaume Ponsarnau, o técnico que lle iniciou nos bancos como o seu axudante.
"Sempre lle estarei agradecido. Saudarémonos e dareille un abrazo, pero, durante esas dúas horas, seremos rivais", advertiu o técnico do Leyma Coruña.
Ten interiorizada unha máxima que quere inculcarlle aos seus xogadores e a afección.
"Temos que desfrutar desta liga co coitelo entre os dentes".
Carles Marco sabe que este domingo chega ao Coliseum un Bilbao "moi ben adestrado". Xa se mediu aos homes de negro no triangular de pretemporada en Burgos,