Cargando resultados...
O Baxi Ferrol xogará a Eurocup por terceiro ano consecutivo
Impuxéronse na fase previa ao Beroe na Malata por 85 a 58
G24.gal
01/10/2026 21:47
Partían as ferrolás con 12 puntos de ventaxa sobre o Beroe de Bulgaria para selar a súa participación na Eurocup Women. Non fixo falta tirar de números nesta fase previa, porque o Uni Ferrol volveu demostrar a súa superioridade diante do rival. Resultado de 85-58 no partido na Malata para volver levar o nome de Ferrol por Europa unha temporada máis. E van tres consecutivas.
Agora, na fase de grupos da Eurocup as ferrolás terán que enfrontarse ao CBK Mersin (Turquía), Olympiacos SFP (Grecia) e Sleza Wroclaw (Polonia).