Publicador de contidos

Publicador de contidos

Casimiro espera un partido "dunha esixencia física moi grande" ante Manresa

Casimiro espera un partido "dunha esixencia física moi grande" ante Manresa

O Manresa arrincou a liga Endesa cunha clara derrota na pista do Bilbao e onte á noite perdeu fronte ao PAOK na Eurocopa

Foto Breogán
G24.gal 01/10/2026 16:57 Última actualización 01/10/2026 17:08

Luis Casimiro, adestrador del Río Breogán, espera un partido de “unha esixencia física moi grande” fronte ao Kids&Us Manresa, ao que visitan este sábado no Pavelló Nou Congost.

“Está claro que este partido vai ter unha esixencia física moi grande porque vai no estilo de xogo que Diego Ocampo implanta nos seus equipos e no nivel físico do seu equipo. Para min, Manresa ten sete atletas, capaces de xogar a un ritmo incrible e con moito esforzo. Iso xa o demostraron nos dous partidos oficiais que xogaron”, comentou.

En rolda de prensa, o técnico breoganista dixo que o seu equipo “equivocarase” se se fía dos resultados que asinou o Manresa, que arrincou a liga Endesa cunha clara derrota na pista do Bilbao e onte á noite perdeu fronte ao PAOK na Eurocopa.

“É un equipo con moitos xogadores novos, que están a intentar adaptarse as a idea do seu adestrador. Nós non temos que tomar como 

Neste sentido, Casimiro admitiu que é “complicado” frear o “altísimo” ritmo co que busca xogar o seu próximo rival, o cal pasaría, puntualizou, por facer “unha boa defensa do seu xogo de transición”. O técnico breoganista destacou “a continuidade” que tiveron os seus xogadores fronte ao Joventut “a nivel de concentración, de estar metidos en todo momento no partido”.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade