Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Leyma Coruña derrota ao Bilbao Basket na prórroga (104-101)

O Leyma Coruña derrota ao Bilbao Basket na prórroga (104-101)

Os coruñeses tiveron o triunfo na man, pero unha tripla de Hilliard sobre a bucina mandou o encontro ao tempo extra

Outra tripla de Vautier sen tempo non entrou, o que permitiu o triunfo final dos galegos

Foto: EFE
G24.gal 04/10/2026 14:32

O Leyma Coruña sumou a súa primeira vitoria desde a volta á Liga ACB. Foi na estrea no Coliseum, diante dun Bilbao Básket que opuxo resistencia ata o final, e que forzou a prórroga cunha tripla sobre a bucina despois de que os galegos foran por diante durante o treito decisivo do cuarto cuarto.

Porque o marcador foi igualado durante todo o partido. Os coruñeses impuxéronse no primeiro parcial por 22-18. O segundo foi para os vascos, o que levaba o encontro ao descanso cun 46-45. No trceiro período o marcador mantíñase nunha anotación, cun 69-67.

Foi no último período, a partir do empate a 79, cando furiron os de Carles Marco. Cun parcial de 9-0 parecían sentenciar o encontro, comandados por Alonzo Verge que rematou eliminado por faltas, pero con 29 puntos. 

Cando xa parecía o partido sentenciado chegou unha acción clave. Con dous segundos no reloxo, Hilliard meteu unha tripla salvadora para o seu equipo na bucina, e mandaba o partido á prórroga.

No tempo extra volveron mandar os galegos, pero aínda tivo outra opción o Bilbao de volver empatar no último segundo. A tripla de Vautier non entrou, e o primeiro triunfo da temporada quedaba no Coliseum.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade