Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Río Breogán asalta o Nou Congost comandado por un Mavra superlativo (95-101)

O Río Breogán asalta o Nou Congost comandado por un Mavra superlativo (95-101)

Os lugueses remontaron unha desvantaxe de 14 puntos e chegaron a gañar de 23

Colócanse no liderado momentáneo con dúas vitorias

Foto: EFE
G24.gal 03/10/2026 23:34

O Breogán sumou en Manresa a súa segunda vitoria noutras tantas xornadas. Despois de derrotar ao Joventut no Pazo na estrea, asaltou o Nou Congost, amosando unhs gran autoridade sobre todo no segundo e no terceiro cuarto.

Porque no inicio do partido os de Luis Casimiro non estiveron atinados. Aí aproveitaron os cataláns para acadar as primeiras vantaxe, que chegaron a ser de 14 puntos (21-7, 5:46 do primeiro cuarto). Pero apareceu Mavra, que tivo unha actuación espectacular. Comezou a sumar sen erro, ata chegar aos 20 puntos e máis de 30 de valoración. Comandado por el, o Breogán foise achegando no marcador, e culminou a remonta no segundo cuarto, para acabar mandando no descanso por 40-51.

No terceiro cuarto os galegos mantivéronse firmes, e a súa vantaxe chegou a ser superior aos 20 puntos (46-68). Malia a que esta vantaxe chegou ata o remate do terceiro cuarto (67-89), e a máxima de 23 chegaba cando so quedaban 9 minutos, o Manresa maqueou o resultado, cun parcial de 7-0 final que mesm,o chegou a inquedar aos galegos. Pero a vitoria xa non perigaba. O Breogán suma dous triunfos neste gran inicio de temporada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade