Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta Femxa Zorka deixa fuxir unha renda de 20 puntos contra o Gernika (80-84)

O Celta Femxa Zorka deixa fuxir unha renda de 20 puntos contra o Gernika (80-84)

As vascas remontaron no treito final para forzaren a prórroga, na que sempre foron por diante

Foto: @GKesb
G24.gal 03/10/2026 21:17

Boa estrea con final infeliz en Navia.

A primeira metade das de Cris Cantero foi para enmarcar, con Paula Salinas e Tova Sabel liderando o ataque celeste e castigando a defensa de Gernika tanto desde o perímetro como en acción de roubo e contraataque. A galega mudou por completo a faciana do equipo desde que entrou na cancha coa súa intensidade e contaxiou as súas compañeiras ata que tivo que ir ao banco para coller folgos.

Sabel, buscando boas posicións de tiro era letal desde o perímetro.

Por parte do combinado vasco a xogadora que ofreceu mellor nivel foi Lara MacPaden, que como Salinas e Sabel moveuse en dobres díxitos desde o primeiro cuarto.

Na segunda metade todo mudou. Bermejo continuou facendo bos números pero a veteranía das xogadoras do Gernika foise impoñendo ata que chegou nos intres final do tempo regulamentado esta tripla de Ángela Salvadores que practicamente igualaba o partido e abría as portas do encontro a unha prórroga.

Neses cinco minutos extras as de Cris Cantero non foron quen de superar a abafante defensa das visitantes, que levaron finalmente o partido por catro puntos. 80-84 na estrea en Navia, nun primeiro partido no regreso das viguesas a elite no que a público respondeu e as xogadoras tamén, pero nos últimos actos a balanza decantou o choque a prol do Gernika.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade