O Deportivo Abanca empata co Español en Riazor (1-1)
As galegas puideron remontar un partido que as catalás xogaron con 10 durante a última media hora
Millene foi a autora do tanto do empate
O primeiro triunfo do Deportivo Abanca en Riazor terá que agardar. O Español, probable rival directo das branquiazuis foise cun punto.
Un botín probablemente excesivo pois o inicio das locais foi excelente, moi vertical cara a porta contraria e con oportunidades. A máis clara foi cun disparo de Lucía Pardo qu petou no pau. Case chegou o gol da atacante lucense aos 30 minutos pero o que veu inmediatamente foi o 0-1. Contraataque do Espanyol e gol de Iara cun disparo cruzado. Daniela Caracas, que se enfrontaba ao seu ex equipo, pediu falta pero a revisión validou o gol.
Aos 5 minutos do intermedio chegou outra das accións importantes do partido. Cartón vermello directo para Patri Ojeda, que derrubou a Millene Cabral cando buscaba a portería rival.
Millene viña de marcar dous goles contra o Granada e demostrou por enésima vez a súa pegada no minuto 75. Gran xogada de Michi Apostol, que levaba só cinco minutos no campo e definición da brasileira. Tres dos catro goles deportivistas en liga levan a súa marca.
Co empate e coasuperioridade numérica, o Deportivo mantivo a ofensiva. Espe Pizarro conectou con Lucía Pardo, que estivo a piques de facer o segundo. A máis clara, xa no 90, foi con outra xogada de mérito de Michi Apostol, que Espe Pizarro enviou fóra.
Deportivo e Español manteñen a igualdade na clasificación con 5 puntos.