Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Breogán derrota ao Xirona (95-76) e consolida o 10º posto

O Breogán derrota ao Xirona (95-76) e consolida o 10º posto

Os de Luis Casimiro rematan unha semana histórica na que acadaron tres vitorias

Foto: EFE
G24.gal 16/05/2026 20:19

A temporada que non debería acabar. O Río Breogán segue marabillando neste treito final de campionato e sumou fronte ao Xirona o terceiro triunfo en sete días.

Logrouno ademais nun contexto diferente que o do pasado mércores contra o Lleida. O Breogán demostrou que icluso sen acerto pode ser dominador. Volveu tirar dun baloncestpo coral, con sete xogadores con 9 ou máis puntos. No primeiro cuarto só lle permitiu anotar 9 puntos ao rival. Un bo final de segundo cuarto permitiulles aos de Casimiro estirar as diferenzas ata un máis 14. Daquela si que apareceu a inspiración exterior de Francis Alonso e Aranitovic.

O resto do partido foi un querer e non poder do Xirona, abusando con desacerto do seu tiro de longa distancia. En ningun momento perigou o triunfo galego, que incluso estivo a piques de levar a diferenza de puntos particular, o -23 da primeira volta. Houbo tempo apra recoñecementos individuais cos berros pedindo a continuidade de Mavra ou Francis Alonso, entre outros. 

Decimoquinto triunfo da temporada para consoplidar o décimo posto. A clasificaciuón é importante pero o nivel baloncestístico desta temporada ten poucos precedentes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade