Cargando resultados...
O Celta Femxa Zorka estará na final polo ascenso logo de eliminar ao Melilla (72-48)
As galegas resolveron á volta do descanso, ao que se chegou cun 35-34
A final disputarana tamén na súa pista de Navia
G24.gal
16/05/2026 20:56
O Celta Femxa Zorka está a un partido de lograr o ascenso á máxima categoría do baloncesto feminino. Comezou a final four con vitoria no primeiro asalto ante o Melilla.
Foi unha primeira metade igualada. Ó descanso o Celta chegou cun +1 no marcador, 35-34.
Pero o segundo tempo foi outro conto. Apoiado pola súa afección, a final a catro dispútase en Navia, o equipo vigués saiu a polo partido e o rival apenas tivo capacidade anotadora. Kelliher foi a mellor xogadora do partido.
O Celta non fallou ante o seu público e logrou o primeiro billete para a final de mañá. Medirase ó gañador do encontro entre o Ardoi e o Unicaja.