Cargando resultados...
O Celta Femxa Zorka malla ao Logroño (68-41) para meterse na Final Four polo ascenso
As viguesas traían unha renda de dez puntos do partido de ida e resolveron na volta con autoridade
A final four celebraráse en Navia a fin de semana que vén
G24.gal
09/05/2026 21:40
O Celta estará na final four na procura do ascenso á máxima categoría do baloncesto feminino.
Esta tarde venceu ó Logroño con solvencia no partido de volta, logo de traer dez puntos de vantaxe da ida. Ó descanso dominaba o equipo vigués quince arriba. E no segundo tempo ampliou esa marxe ata o 68-41 final.
A vindeira fin de semana Navia acollerá a final four co Celta pelexando polo ascenso como equipo anfitrión.