Cristina Cantero: "A verdade é que fixemos unha combinación perfecta coa afección"
Un ano despois do descenso o Celta Femxa Zorka regresa pola porta grande á Liga Feminina
Cristina: "O baloncesto feminino en Galicia é a envexa de España"
Un ano despois do descenso o Celta Femxa Zorka regresa pola porta grande á Liga Feminina despois de gañar na final polo ascenso ao Ardoi por 63-53. O equipo de Cristina Cantero completou unha gran temporada e non fallou na fase final que se disputou no seu pavillón de Navia.
"A verdade é que fixemos unha combinación perfecta coa afección".
Despois de perder o ascenso na fase regular contra o Palma o equipo vigués estaba convencido de acadalo na fase de ascenso. Despois de derrotar o Melilla na semifinal só lle quedaba un triunfo para festexar coa súa afección. Foi un partido redondo no que impuxo a súa lei no segundo cuarto no que colleitou unha vantaxe de dez puntos que exprimiu ata o final do partido.
Cristina Cantero falou da boa saúde do baloncesto galego.
"O baloncesto feminino en Galicia é a envexa de España".
A adestradora do Celta, lenda en Vigo, agarda renovar nos próximos días.