Publicador de contidos

Publicador de contidos

A aleiro francesa Clémentine Samson regresa ao Celta

A aleiro francesa Clémentine Samson regresa ao Celta

É a segunda incorporación das celestes que anteriormente anunciaran a fichaxe da base estadounidense Leslie Vorpah

G24.gal 23/06/2026 12:04 Última actualización 23/06/2026 12:09

A aleiro francesa Clémentine Samson volverá vestir a camiseta do Celta Baloncesto tras o ascenso do equipo galego á liga Feminina. Tras unha longa experiencia no baloncesto do seu país, onde defendeu as camisetas de Carolo Basket, Roche Vendée Basket e Tarbes GB, a xogadora gala deu o salto a España na tempada 2023-24 coa súa fichaxe polo Celta, co que mediou 13,2 puntos, 4,1 rebotes e 11,8 créditos de valoración de media por partido no curso 2024-25.

O descenso do Celta motivou a súa saída do Movistar Estudantes, club do que se desvinculou no mes de novembro pasado. De aí deu o salto ao Baxi Ferrol.

“Despois dunha tempada en Estudantes e Ferrol, a francesa regresa a Vigo para afrontar xunto a nós o reto da liga Feminina Endesa”, sinala o club vigués.

É a segunda incorporación das celestes que anteriormente anunciaran a fichaxe da base estadounidense Leslie Vorpah.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade