Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta ficha a pivote estadounidense Emma Ronsiek

O Celta ficha a pivote estadounidense Emma Ronsiek

A estadounidense é a cuarta incorporación do conxunto dirixido por Cristina Cantero

G24.gal 30/06/2026 11:57 Última actualización 30/06/2026 12:04

A á-pivote estadounidense Emma Ronsiek converteuse este martes no cuarto reforzo do Celta Baloncesto para afrontar o seu regreso á máxima categoría do baloncesto español.

Na liga grega, a nova xogadora celeste mediou 16,9 puntos, 6,3 rebotes e 1,2 asistencias nos 33 minutos de media que estivo en pista en 21 partidos.

Durante a súa etapa no baloncesto universitario dos Estados Unidos, onde defendeu as camisetas de Creighton Bluejays e Colorado State Rams, Ronsiek tivo unha media de 14,9 puntos, 5,4 rebotes e 2,5 asistencias en 147 partidos.

A estadounidense é a cuarta incorporación do conxunto dirixido por Cristina Cantero tras as súas compatriotas María Gakdeng e Leslie Vorpahl e a aleira francesa Clémentine Samson.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade