Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Deportivo busca a súa primeira vitoria ante un Real Madrid sen marxe de erro

O Deportivo busca a súa primeira vitoria ante un Real Madrid sen marxe de erro

Alberto Rodríguez ten as baixas das lesionadas Merle Barth, Eva Alonso e Lucía Rivas, alén de Ainoa Gómez e Marisa García

G24.gal 10/09/2026 15:53 Última actualización 10/09/2026 16:04

O Deportivo buscará este venres a súa primeira vitoria da tempada fronte ao Real Madrid en Riazor, onde o equipo branco chega con dúbidas tras a súa picada ante o Eibar. A falta de pegada condenou ao Real Madrid fronte ao conxunto vasco, xa que as xogadoras de dirixidas por Pau Quesada desfrutaron de numerosas ocasións para romper o 0-0 inicial.

En fronte estará un Dépor que sumou un sufrido triunfo en Tenerife fronte ao Costa Adeje, a pesar de xogar os últimos minutos en inferioridade pola expulsión de Carla Castiñeyras, que cumprirá sanción fronte ao Real Madrid.

O técnico galego, Alberto Rodríguez, tamén ten as baixas das lesionadas Merle Barth, Eva Alonso e Lucía Rivas, alén de Ainoa Gómez e Marisa García, que se atopan xogando o Mundial Sub20 con España. Hai apenas un mes, ambos os equipos medíronse no último partido de pretemporada na Cidade Real Madrid, onde Lucía Pardo adiantou ao Dépor e, en apenas oito minutos, Oihane San Martín e Pau Rubio remontaron o duelo para o conxunto madridista.

O partido de mañá, co que se abrirá a terceira xornada de Liga F Moeve, comezará ás 20.45 horas no estadio municipal de Riazor.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade