Ainoa Gómez agarda irromper dun xeito estelar no Deportivo Abanca
Ten 19 anos, chega cedida polo Barcelona e acaba de ser convocada para o Mundial sub-20
Apunta a ser a xogadora diferencial do novo proxecto do cadro coruñés
O Deportivo Abanca ten postas moitas esperanzas en Ainoa Gómez. Ten 19 anos e chega cedida polo Barcelona, co que xa debutou no primeiro equipo marcando un gol. Internacional en todas as categorías inferiores coa selección, acaba de ser convocada pola sub-20 para xogar o Mundial de Polonia polo que se perderá as primeiras xornadas da competición.
O ano pasado, no filial do cadro catalán, foi considerada a mellor xogadora de Primeira Federación. Un proxecto que agarda irromper dun xeito estelar no Deportivo Abanca. Pode actuar en todas as posicións de ataque, tanto desde as dúas bandas como na mediapunta.