Martín da Puente supera a primeira rolda de individuais do US Open
Superou o local Conner por un dobre 6-2
Martín da Puente foi capaz de superar o local Conner Stroud na primeira rolda do Aberto dos Estados Unidos. O vigués impúxose ao americano por un dobre 6-2 e inicia así con enerxía o asalto a un título individual de Gran Slam, aínda que a xaponés Oda e o británico Hewett volven partir como favoritos.
"Hoxe é deses días importantes dos torneos. Estou feliz nun sitio marabilloso"
O galego buscará agora as semifinais ante o neerlandés Ruben Spargaaren. Este é precisamente o seu compañeiro no cadro de dobres, co que avanzou a semifinais tras bater ao xaponés Takuya Miki e o israelí Sergei Lysov en tres sets por 6-1, 4-6 e 10/6. Para alcanzar a final, terán que desfacerse do neerlandés Tom Egberink e Stroud.