Publicador de contidos

Publicador de contidos

Martín de la Puente avanza con solvencia nos dobres do US Open

Martín de la Puente avanza con solvencia nos dobres do US Open

O vigués e seu compañeiro Rubén Spargaaren, venceron 1-6, 6-4, (6-10) ao israelí Sergei Lysov e ao xaponés Takuya Miki

A nivel individual, debuta hoxe precisamente fronte ao anfitrión Conner Stroud, que tamén será o seu rival en dobres

G24.gal 09/09/2026 10:41 Última actualización 09/09/2026 10:47

O tenista vigués estreouse onte no US Open con vitoria. Foi en dobres xunto coa súa parella o neerlandés Rubén Spargaaren. Venceron 1-6, 6-4, (6-10) ao israelí Sergei Lysov e ao xaponés Takuya Miki.

Mostraron unha gran autoridade en todo o partido e non deron ningunha opción. Avanzan deste xeito a semifinais e enfrontaranse a Tom Egberink e a Conner Stroud. A nivel individual, debuta hoxe precisamente fronte ao anfitrión Conner Stroud, que tamén será o seu rival en dobres. O estadounidense xoga en casa e iso pode xogar ao seu favor. De la Puente quere resarcirse despois de caer en semifinais fronte a Gordon Reid no último torneo que disputou en Maryland.

O sorteo non lle deparou moita sorte. Nunhas hipotéticas semifinais xogará fronte ao nipón Tokito Oda, o actual número un da clasificación A nivel individual, debuta hoxe precisamente fronte ao anfitrión Conner Stroud, que tamén será o seu rival en dobres.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade