Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cara e cruz na Copa Federación: gaña o Bergan e perde o Compos

Cara e cruz na Copa Federación: gaña o Bergan e perde o Compos

Os de Carballo están en oitavos ao golear 5-0 ao Leioa

Os composteláns non puideron co Derio nos penaltis logo de empatar a 1. 

G24.gal 09/09/2026 21:55

Este mércores disputábanse os dazaseisavos de final da Copa Federación e tiñamos a dous equipos galegos competindo, o Bergantiños e o Compostela. 

Os de Carballos pasan de rolda, están xa en oitavos, ao gañar hoxe con moita claridade ao Leioa vasco. 5-0, marcaron Jorge Saiz, Ankudinov, Balsa e Kelechi nun partido nas Eiroas con moi bo ambiente. 

Na outra cara da moeda, o Compostela, que o intentou de moitas maneiras pero atopouse cun gran porteiro do Derio que evitou os goles galegos. De feiro foron os vascos os primeiros en marcar, xa na segunda metade. Empatou Mario Hermo no 69', pero os de Carlos de Lerma lamentarían non ter máis acerto de cara o gol. Empate a 1 e nos penaltis levaron os visitantes o partido (1-3). 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos