Cargando resultados...
O Dépor Abanca faise co Teresa Herrera con superioridade ante o Porto (2-0)
Goles de Millene na primeira parte e de Eva Dios no 87'
Millene foi MVP
G24.gal
13/08/2026 20:30
Última actualización 13/08/2026 20:37
O equipo dirixido por Alberto Rodríguez, que tomaba os mandos esta temporada, gaña o seu sexto Teresa Herrera a costa dun Porto que foi moi inferior e que apenas chegou á portería de Andrea Tarazona. O Dépor adiantábase ao fio do tempo de lecer por medio de Millene, no minuto 44'. A xogadora brasileira foi tamén MVP do partido e está sendo das mellores na pretemporada. O segundo gol chegaría tamén ao final da segunda parte, minuto 87', marcaba Eva Dios para poñer o definitivo 2-0.