Publicador de contidos

Publicador de contidos

Capdevila: "O Deportivo ten moi boa pinta, é normal que haxa euforia tras o ascenso"

Capdevila: "O Deportivo ten moi boa pinta, é normal que haxa euforia tras o ascenso"

Respecto ao clásico co Celta, dixo que "a nivel de espectáculo o derbi galego é marabilloso"

G24.gal 10/09/2026 13:33 Última actualización 10/09/2026 13:38

O exxogador do Deportivo, Joan Capdevila, cre que o club coruñés "ten moi boa pinta" e mantivo que "é normal que haxa euforia" tras o ascenso. Nun acto na Coruña, Capdevila recoñeceu que é un pracer volver á cidade onde pasou sete anos marabillosos.

Sobre o Deportivo, dixo que "tivo que picar pedra" e agora volveu onde el cre que merece estar:

"Oxalá sexa por moitos anos", engadiu.

O proxecto "ten boa pinta" con "xogadores importantes" recentemente incorporados que "están a dar bo rendemento". No entanto, lembrou que a Liga "é moi longa", aínda que matizou que había "moitas ganas de que o Dépor estivese en primeira" e por iso ve "normal que haxa euforia"

"A Coruña é unha cidade moi futboleira".

Respecto ao clásico co Celta, dixo que "xa era hora" porque "a nivel de espectáculo o derbi galego é marabilloso".

"Facía falta ter un derbi en primeira división, espero que a xente o desfrute, que non haxa incidencias e que caia ao lado coruñés", concluíu

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade