Publicador de contidos

Publicador de contidos

Massimo Benassi: "O obxectivo é conseguir 37 puntos máis, e a partir de aí veremos"

Massimo Benassi: "O obxectivo é conseguir 37 puntos máis, e a partir de aí veremos"

Fai autocrítica, anuncia novidades a nivel social tras a firma da paz e asume responsabilidades

G24.gal 08/09/2026 15:47 Última actualización 08/09/2026 15:53

O conselleiro delegado do Deportivo, Massimo Benassi, analizou os frenéticos últimos meses da entidade nunha comparecencia ante os medios. Foron semanas intensas, con multitude de negociacións para incorporar aos dez xogadores que finalmente aterraron na Coruña e tamén buscando acomodo a algún dos futbolistas cos que non contaba Antonio Hidalgo.

O feito de carecer de hipotecas como contratos "pesados", amortizacións ou débeda, liberou ao Dépor de ataduras e permitiulle "intervir rapidamente na primeira parte de verán e aproveitar as oportunidades no último día de mercado". 

O conselleiro delegado asumiu a responsabilidade na fenda aberta cun sector da afección no arranque da tempada.

"Son o responsable disto, hai xente moi profesional que está a traballar, hai un equipo de traballo que está detrás de todo iso. Vou asumir todas as responsabilidades".

Sobre se cambiaron os obxectivos do equipo para esta tempada, Benassi foi claro.

"O obxectivo noso hoxe é Xetafe e non nos imos a saír de aí. O segundo é conseguir 37 puntos canto antes, xa que 8 conseguímolos. A partir de aí veremos como estamos e en que momento se dá. Esta tempada non nos imos a saír diso. Porque dos clubs que están en Primeira agora, desde que saímos nós en 2018, nove non baixaron nunca nestes anos. Todos os demais equipos levan cinco, seis ou sete tempadas nestes anos. Non se nos vai a esquecer nunca os campos de Primeira RFEF, asegúroo

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade