Derrota do Dépor ante o Porto no último amigable do parón (1-3)
O gol de Asp Jensen nos primeiros minutos adiantaba aos locais
Dous bos goles de André Silva déronlle a volta ao resultado
Antonio Hidalgo estaba obrigado neste amigable co Porto a sacar un equipo con moitas rotacións. A ausencia de Aubameyang e outros nomes destacados do que levamos de temporada provoca que outros xogadores, menos rodados, teñan minutos, co foco posto xa no regreso da competición ligueira.
Todos os minutos son valiosos nese sentido, preparar o terreo para o que vai ser un regreso complicado para os deportivistas. A falta de gol é o máis notable no campo, aínda que hoxe abrían o marcador cun gol temperá de Asp Jensen. Boa xogada individual do danés, que foi máis listo que a defensa portuguesa para roubar o balón ao bordo da área e marcar o primeiro.
O equipo branquiazul estivo ben na primeira metade, tamén despois do gol, conseguindo manter un pouco a orde e levar o partido ao seu gusto. Asp Jensen, co seu gol de confianza, Yeremay e Mario Soriano foron os xogadores máis destacados.
A segunda metade foi outra cousa. En 5 minutos o Porto deulle a volta ao marcador cun gol de Borja Saniz e outro de André Silva. Silva sería tamén o encargadode poñer o 1-3 cun golazo desde fóra da área. O Porto foi superior a un Dépor que foi quendando sen ideas a medida que corría o cronómetro.
Os branquiazuis pensan xa no próximo partido en Anoeta para seguir medrando na liga.