O Dépor non pasa do empate co Levante nun partido sen ocasións (1-1)
Nsongo Bil marcou o seu primeiro gol en primeira
Un erro de Leo Román facilitou o empate do Levante
Falaba Hidalgo na previa do importante que sería para o Deportivo deixar a portería a cero. No partido desta noite intentouno, pero un erro nos últimos minutos do encontro volveron a condenar aos coruñeses.
O partido estivo moi igualado desde a primeira metade. O 0-0 parecía un resultado xusto para dous equipos que non ameazaron demasiado a portería rival. Un disparo de Quagliata que marchou fóra por pouco e un mal control de Bil, que o deixaba só ante o porteiro, foron as mellores ocasións do Dépor. Polo medio, os detalles de calidade de Yeremay, ao que se lle volve a ver solto sobre o terreo de xogo.
A segunda parte comezou máis revolucionada e con máis ocasións. A primeira en chegar a gol foi para o Dépor. Nsongo Bil aproveitou un rexeitamento logo dun disparo e gran xogada de Yeremay e Bright Ede para poñer o 1-0. É o seu primeiro gol en primeira división.
Co marcador en contra, o Levante foi a polo partido e atopou o agasallo por parte dun Leo Román que non foi quen de tapar un lixiero disparo de Requena para poñer o definitivo 1-1.