Cargando resultados...
Hidalgo mantén o "obxectivo da salvación" malia as fichaxes de xogadores relevantes
O Deportivo xoga en Vilarreal, con Joseba Giménez e Marc Casado listos para ter minutos
G24.gal
04/09/2026 12:29
Última actualización 04/09/2026 12:40
Antonio Hidalgo atendeu os medios de comunicación na previa da súa visita ao Vilarreal. O técnico valorou positivamente o mercado de fichaxes do Deportivo.
"A chegada dos últimos xogadores faiche reformularte cousas".
Esas últimas incorporaciónes son Joseba Giménez e Marc Casadó. Segundo o técnico deportivista, "xestán listos para xogar".
Malia as incorporacións, Hidalgo mantén o obxectivo.
"Imos ter que loitar, sufrir, competir cada día ao límite para poder sumar de tres e lograr vos 42-43 puntos para salvarse".
Tamén apunta a dificultade do partido na Cerámica, ante un equipo "con moita calidade, que presiona alto e con moi bo un para un".