Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Deportivo busca a reacción no Metropolitano (21:00h)

O Deportivo busca a reacción no Metropolitano (21:00h)

O cadro coruñés acumula cinco xornadas sen gañar

Giménez volve á que fora a súa casa durante trece temporadas

G24.gal 24/10/2026 12:49

O estadio Metropolitano preséntase como un esceneario ben complicado para que o Deportivo enderece o seu rumbo. O equipo coruñés acumula cinco xornadas sen gañar antes de enfrontarse esta noite a todo un Atlético de Madrid.

O adestrador brancoazul recupera a Amatucci, pero perde a Bright Ede na liña de centrais para un partido que vai esixir moito á defensa e tamén a un Leo Román moi irregular desde que empezou a temporada.

Para axudar aos máis novos chegaron futbolistas como José María Giménez, baluarte da defensa atlética durante trece anos.

O equipo de Simeone chega a este partido logo de cinco triunfos consecutivos e instalado na segunda praza. O técnico arxentino non se confía ante a visita do Deportivo.

Valentía será o que precise o Deportivo para obter algo positivo no Metropolitano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade