O Celta recibe ao Betis tras a vitoria en Glasgow e a accidentada viaxe de volta
Os vigueses non puideron volver onte por culpa dun problema no avión, e so dispuxeron dunha sesión para preparar o partido de mañá (16:15h)
Mañá Balaídos recibe ó Celta, trala súa primeira vitoria en Europa. Acabado de chegar de Glasgow, o equipo celeste só tivo a sesión de adestramento deste mediodía para preparar o choque contra o Betis.
As dificultades para preparar o partido contrastan para preparar este encontro contrastan co bo ambiente en Afouteza, logo de que o equipo conseguise, por primeira vez na temporada, encadear dúas vitorias consecutivas.
Malia a todo, Claudio Giráldez recalcaba os problemas na previa: "Trastócate, non é o ideal chegar ás once da noite. Tivemos que suspender o adestramento de onte, e hoxe non puidemos facer o habitual despois de xogar en Europa. Cambiou o horario e tamén a dinámica, porque era máis necesario recuperar que preparar", indicaba.
Sobre o rival, Claudio teno claro: "Probablemente é o mellor Betis da historia. Ten un percorrido moitos anos co mesmo adestrador, en competicións europeas, este ano na Champions. Estaba de segundo, e agora de cuarto logo de onfrontarse cos tres grandes", resaltou.