Publicador de contidos

Publicador de contidos

España gaña a Uruguai con gol de Baena nun partido sen ritmo (0-1)

España gaña a Uruguai con gol de Baena nun partido sen ritmo (0-1)

A selección española é primeira de grupo e agarda rival do Austria-Alxeria

Uruguai, eliminada do Mundial. Clasificada Cabo Verde

RFEF RFEF
G24.gal 27/06/2026 04:12

A selección española xa está clasificada para dazaseisavos de final. Fíxoo gañado pola mínima a un Uruguai que se xogaba seguir viva na competición, pero que hoxe mesmo fai as maletas. Un único gol, de Alex Baena no minuto 42, é o máis destacado dun partido no que apenas houbo disparos a porta. Tivo o segundo gol Ferrán Torres na segunda metade, que quedou só ante o porteiro, pero o balón rematou batendo no pau.

As opcións uruguaias parecían pasar por frear a combinación española a base de faltas (Canobbio foi expulsado xa no desconto con cartón vermello directo). Polo demais, a España faltoulle ritmo e verticalidade. Nin sequera foron quen de encadear pases para chegar á portería rival. O partido estaba empantanado polas roturas de xogo dos "charrúas", que buscaban interromper calquera intento de España de combinar. O centro do campo español tampouco tivo o seu mellor partido, con Rodri e Pedri desaparecidos. 

A boa nova é a clasificación como primeira de grupo. Agora falta saber quen será a próxima rival de España, que sairá do encontro entre Austria e Alxeria, que se xogan ser segundas do grupo J (Arxentina xa é primeira e xogará contra Cabo Verde, que empatou o seu partido con Arabia Saudita).

O próximo partido da selección que dirixe Luis de la Fuente será o xoves 2 de xullo ás 21h. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade