Publicador de contidos

Publicador de contidos

Fanse 45 anos da entrada en vigor da Lei do Divorcio en España

Fanse 45 anos da entrada en vigor da Lei do Divorcio en España

Dende 1981 na nosa comunidade rexistráronse máis de 150.000 rupturas matrimoniais

 A lei foise modificando para adaptarse aos tempos e pasouse dun modelo en que a custodia recaía sempre na nai a que a día de hoxe a custodia compartida sexa a opción maioritaria

G24.gal 09/08/2026 13:09

O nove de agosto de 1981 entrou en vigor en España a lei do Divorcio, unha norma que veu dar resposta a moitas parellas atrapadas en crises irresolubles. 

"O proceso de separación pode ter unha connotación negativa porque é un proxecto de vida que non vai adiante, pero do que se trata é de reconstituir cada quen a súa vida e formulalo cun propósito positivo",  explica Abel Lamas, o vicepresidente da Asociación Galega de Pais e Nais Separados.

Ata entón a única vía para disolver un matrimonio pasaba polos tribunais eclesiásticos.

"É un proceso complicado a nulidade eclsiástica porque hai que provar determinadas causas realmente importantes que xustifiquen que ese matrimonio relixioso non se fixo da forma adecuada, cumplindo os requisitos que esixe o dereito canónico." Afirma a avigada Ana Camiño.

A día de hoxe, se hai acordo entre as partes o procedemento simplificouse moito.

"Chégase a ese acordo por parte dos cónxuxes e se hai menores teñen que ir á vía xudicial, pero se non teñen fillos pódeno tramitar perante un notario. Os custo é un pouco superiror, pero é moito máis rápido", explica Camiño.

A lei foise modificando para adaptarse ás necesidades das familias. Pasouse, por exemplo, dun modelo en que a custodia recaía sempre na nai a que a día de hoxe a custodia compartida sexa a opción maioritaria, dentro do marco regulatorio do Código Civil (artículos 90 ao 101).

Coas sucesivas adaptacións da Ley reducíronse os litixios nos xulgados, de feito o ano pasado algo máis do 80% dos divorcios resolvéronse de mutuo acordo. Con todo hai quen cre que hai aspectos que poden mellorarse.

"Ainda lle faltan mecanismos para que na vía xudicial cando os procesos se enquistan, os xuices conten con apoios áxiles dos gabinetes de avaliación psicosocial." Di Abel Lama.

España foi dos últimos países en Europa en aprobar unha lei que supuxo un importante cambio social e que deu paso a novos modelos de familias. 

 

 

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade