A CEG pide acelerar a posta en marcha do 112 transfronteirizo entre Galicia e Portugal
A patronal reclama un calendario claro para activar un servizo que considera clave para mellorar a resposta ante emerxencias
A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) pediu ás administracións de España e Portugal que aceleren a posta en marcha do 112 transfronteirizo co norte de Portugal e que o proxecto pase a ser unhas das prioridades da Eurorrexión.
A patronal considera que, despois de anos de traballo e dos acordos alcanzados entre ambos os países, non é razoable que o sistema, pensado para ofrecer unha atención máis rápida ante situacións de emerxencia, aínda non estea plenamente operativo.
A CEG reclama un novo impulso político e operativo, un calendario claro para a súa posta e funcionamento e unha maior coordinación entre as administracións e organismos responsables a ambos lados da fronteira.
O presidente da CEG, Juan Manuel Vieite, defende que a cooperación transfronteiriza debe traducirse en servizos comúns e considera especialmente importante eliminar as trabas burocráticas en situacións críticas, cando a fronteira non debería impedir ofrecer unha resposta rápida e eficaz.