Publicador de contidos

Publicador de contidos

PSdeG e BNG aproban os presupostos da Deputación de Lugo co apoio de Tomé

PSdeG e BNG aproban os presupostos da Deputación de Lugo co apoio de Tomé

O expresidente da institución provincial ten a condición de deputado non adscrito e foi o que desfixo o empate a votos do bipartito e do PP

As contas para 2027 ascenden a máis de 155 millóns, case un 15 % máis

Europa Press-Arquivo Europa Press-Arquivo
G24.gal 24/11/2026 19:18

A Deputación de Lugo dispoñerá o próximo ano do orzamento máis elevado da súa historia, tras sacar adiante o bipartito co apoio do deputado non adscrito, José Tomé. O expresidente da institución provincial desfixo o empate a votos: doce a favor, que son os que suman PSdeG e BNG, fronte aos doce en contra dos deputados do PP.

O Partido Popular votou en contra ao considerar que consolida unha “repartición sectaria” dos fondos provinciais entre os municipios gobernados por alcaldes socialistas e nacionalistas, cunha maior porcentaxe “de convenios a dedo”.

As contas para 2027 ascenden a máis de 155 millóns de euros, o que supón un incremento de case o 15 % con respecto a 2026. O principal instrumento de cooperación económica cos concellos, o Plan Deputación 2027, crecerá en 2,75 millóns de euros ata alcanzar os 25 millóns. Grazas a este incremento orzamentario, nun 12,4 %, 63 dos 67 concellos da provincia recibirán máis fondos.

A rede provincial de estradas, a máis extensa de España con 4.217 quilómetros, recibirá un investimento de 23,65 millóns de euros, o que supón un aumento do 25,1 % respecto a 2026. 

Pola súa banda, a presidenta da Deputación, Carmela López, destacou que, a pesar de ser as contas máis altas da historia da institución, o diñeiro non é suficiente para atender as “necesidades dunha provincia extensa, con problemas de comunicación e de orografía e cunha poboación envellecida e dispersa”.

Ademais, lembrou que, por “responsabilidade”, o organismo provincial está a facerse cargo de “servizos que non son da súa competencia”.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade