Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sobe o número de separacións e divorcios tras as vacacións de verán

Sobe o número de separacións e divorcios tras as vacacións de verán

A convivencia as 24 horas do día durante o período estival pode sacar á luz os probemas de parella

As estatísticas amosan que por esta época, e máis ben chegando xa setembro, hai un repunte destacado con ata o 40 por cento de máis demandas de divorcio

En setembro hai un incremento importante de consultas nos despachos de avogados sobre os divorcios

G24.gal 09/08/2026 14:50

O verán asóciase coas vacacións, descanso e momentos para compartir en familia e en parella. Así e todo, tamén pode ser unha das épocas onde más crises matrimoniais se xestan. Esas crises de parella afloran e o número de divorcios aumenta a partir de agosto.

Máis tempo xuntos? Máis oportunidades e probabilidades de conflito entre as parellas? É ese o problema do verán?

"Esta pregunta respóndea mellor un psicólogo ou un sociólogo. A miña opinión persoal é que máis tempos xuntos, ser hai rencillas anteriores explotan neses momentos", destaca o avogado Evaristo Nogueira.

"E entón cando si están moito xuntos danse conta que non son compatibles", di un cidadán.

A convivencia as 24 horas do día durante as vacacións de verán pode sacar á luz os probemas de parella. Moitos deciden separarse ou divorciarse tras o período de descanso estival. 

As estatísticas amosan que por esta época, e máis ben chegando xa setembro, hai un repunte destacado con ata o 40 por cento de máis demandas de divorcio e inicio de procedementos legais.

"En setembro hai un incremento importante nos despachos dos compañeiors e compañeiras, en caso de divorcios, hai un repunte de consultas de, cal é o mecanismo, cales son as consecuencias, outra cousa é que se chegue a materializar", engade Evaristo Nogueira.

"As cousas non suceden por que si, ás vecese hai cousas que van medrando van medrando, a convivencia seguramente é así", di outro cidadán.

Durante o resto do ano, o traballo e as obrigas serven ás veces de escusa para evitar conflitos. 

No verán, máis convivencia, menos rutina, os fillos sen colexio... conleva que afloren os problemas. A desconexión emocional previa vólvese máis visible.

"Aí comezan a ver que teñen poucas en común ou que se foron perdendo cos anos", comenta unha cidadá.

"É importante o contacto-tempo e ten que ser durante todo o ano", engade outro home.

Aínda que o verán actúa como detonante, as crises de parella soen arrastrarse desde hai meses ou anos e incrementa as oportunidades para que afloren tensións latentes.

Moitas persoas proxectan nas vacacións un ideal: reconectar coa parella. Ás veces esas expectativas idealizadas chocan coa realidade.

Pero por suposto tamén hai moitas excepcións a esas realidades:

"Eu levo casado case 25 anos, cando chega o verán convives máis pero tamén forma parte da relación da propia parella, non hai momentos críticos", asevera outo cidadán. 

 

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade