O crisantemos invaden xa os viveiros de plantas
É a planta oficial de defuntos, leva adornando os cemiterios desde hai séculos, o motivo non é outro que a súa resistencia e que a súa floración coincide con esta festividade
Hai ata 70 variedades e en países coma Xapón é considerada a flor nacional e asociase a vida e lonxevidade
En defuntos os cemiterios énchense de crisantemos, a tradicción é de hai séculos. Esta flor sempre estivo vencellada a esta festividade porque coincide coa sua floración. E porque é unha planta moi resistente ao frio e a humidade e económica.
"Pode aguantar ata dous meses, está empezando a florecer é perfecta para estar no exterior", explica Luis García, dono dun viveiro de plantas de Lugo.
En moitos paises europeos, incluído o noso, o crisantemo é símbolo de eternidade, paz e recordo.
"Eu sempre llas levo brancas a miña nai porque eran as que lle gustaban" di unha muller.
Sempre vencellada a morte ainda que é unha planta de cores vivos, perfecta coma ornamental.
"Xusto estaba pensando iso, esta planta co bonita que é que pena que só se asocie a morte, eu a levaba para o meu xardín", comenta unha muller.
Non vai desencamiñada, en países coma Xapón é a flor nacional e asociase a vida e lonxevidade. Hai ata 70 variedades algunhas tan chamativas coma esta, pero a que máis piden.
"A que máis piden segue a ser a margarida branca pequena" asegura Luis García.
Brancas, amarelas, en xardineira ou testo, o crisantemo é o rei dos cemiterios.