Publicador de contidos

Publicador de contidos

850 bailaríns compiten en baile deportivo e hip hop no arranque da tempada galega en Marín

850 bailaríns compiten en baile deportivo e hip hop no arranque da tempada galega en Marín

O hip hop, con 680 practicantes, arrancaba hoxe a liga galega, que terá outras catro probas puntuables durante a tempada

En baile deportivo competiron 170 bailaríns, na primeira proba do ano que computa para o ranking nacional 

G24.gal 01/03/2026 21:49

O pavillón da Raña, en Marín, acolleu este domingo un dos eventos máis multitudinarios do calendario deportivo galego. 850 bailaríns participaron nas distintas probas de baile deportivo e hip-hop que se desenvolveron nesta xornada.

680 competían nas distintas categorías de hip-hop, individual, dúos ou grupos, e tamén por idades: infantil, junior e sénior. Hoxe arrancaba a liga galega desta modalidade de danza urbana. María acollía a primeira das cinco probas en que se divide a tempada. Os gañadores decidiranse sumando os tres mellores resultados.

A sesión da mañá clebráronse os concursos de baile deportivo (stándar e latino), caribeño e danza coreográfica.

"Bailes caribeños, é dicir, bachata e salsa; bailes stándar, os clásicos, vals, tango, vals vienés, slow fox e quickstep; e por último os bailes latinos: samba, cha cha chá, rumba, pasodobre e jive", conta Miguel Abreu, director e organizador do evento Galician Dance Tour, que posúe ademais a súa propia academia de baile.

Uns 170 bailaríns saíron á pista na que é a primeira proba do campionato nacional. As puntacións obtidas aquí computan para o campionato estatal.

A Federación Galega de Baile Deportivo conta agora con arredor de 1500 licenzas de bailaríns que compiten nas distintas modalidades. ë a terceira comunidade do estado en número de membros, e houbo un tempo en que era a segunda. Con todo,

"Galicia é berce de campións, con gañadores de títulos nacionais, europeos e incluso mundiais, tanto en baile deprotivo como en hip hop", como resalta Graciela Toba, presidenta da Federación Galega.

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos