Publicador de contidos

Publicador de contidos

De Pontevedra a Nova York: a agrupación Celme desfilará pola Quinta Avenida polo Día da Hispanidade

De Pontevedra a Nova York: a agrupación Celme desfilará pola Quinta Avenida polo Día da Hispanidade

Os membros da agrupación folklórica marcharán o venres á cidade dos rañaceos

A música e o baile tradicional galego desfilará pola Gran Mazá

G24.gal 04/10/2026 22:23

A agrupación folklórica Celme, de Pontevedra, actúa a semana que vén en Nova York. E antes de marchar á Quinta Avenida para desfilar polo día da Hispanidade, aproveitaron os últimos ensaios, esta fin de semana, por exemplo nunha voda. 

Os membros do grupo percorrerán o día 11 as rúas da cidade para deixar alí a esencia máis galega. Este ano participarán delegacións de 21 países de fala hispana e a Casa de Galicia de Nova York celebra esta edición na honra do Xacabeo 2027.

A agrupación folklórica Celme foi fundada en 1984 por Quique Domíngez Lino, actualmente tamén presidente e director artístico. 

Nos seus 40 anos de vida, o grupo pontevedrés participou en numerosos certames e eventos como foi o Mundial de Qatar 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade