Corenta persoas solteiras participan no Courel nun encontro cultural e lúdico
O evento transcorre con actividades de participación, andainas e degustacións que permiten coñecer o entorno e a membros do grupo
Esta iniciativa trata de fomentar a amizade e o encontro entre persoas solteiras combinandoo co coñecemento do entorno. Atopamos o grupo cando ían adentrarse no Val das Mouras, no Courel. Salienta Silvia Martínez, organizadora do evento que "coñecémonos a traves das redes sociais, pero faltaba esa parte de mesturar a persoa coa natureza".
Respecto ás aplicacións de contactos, este encontro de solteiros incide nunha experiencia máis completa.
Desenvólvese durante tres días, que empregan en visitas a museos, degustacións de viños e comidas, andainas e ceas.
Silvia xa tiña experiencia organizando eventos semellantes con autocaravanistas no Camiño de Santiago. Este ano decidiu ampliar a experiencia a entornos distintos e no futuro, estendela a outros lugares de interese.