Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os viaxeiros confían na Intelixencia Artificial para planificar as vacacións

Os viaxeiros confían na Intelixencia Artificial para planificar as vacacións

Segundo estudos internacionais un 45% das persoas que planificaron unha viaxe este ano usaron a IA

Os viaxeiros usan os asistente de IA sobre todo para axustar o percorrido aos gustos persoais, para atopar restaurantes ou aloxamentos e mesmo para organizar os transportes

G24.gal 27/09/2026 16:33

Cada vez son máis os viaxeiros que empregan a intelixencia artificial á hora de organizar as súas vacacións. Estudos internacionais confirman que o 45% das persoas que planificaron viaxes este ano usaron a IA.

"Úsoa bastante, sobre todo como primeiro paso. Logo é certo que comproo todo o que me di para asegurarme de que sexa correcto, pero a verdade é que é moi últil sobre todo para a organización previa".

"Para buscar prezos de sitios, de hoteis... que si quero ir a Barcelona pregúntolle á IA pra simplificar todo".

"Usámola como unha guía para facer plans para as vacacións ou para coñecer restaurantes...".

"Pós as túas preferencias, o teus gustos e axúdache a organizarte".

Os viaxeiros usan os asistente de IA sobre todo para axustar o percorrido aos gustos persoais, para atopar restaurantes ou aloxamentos e mesmo para organizar os transportes. Con todo, hai quen sigue peferindo os métodos tradicionais.

"O libro de toda a vida. Regaláronnos un libro de todo os pobos de España, que vimos de Zaragoza, e dende ahí xa buscamos por internet".

"Eu para as vacacións non, para outros usos si".

"Non a uso moito, prefiro miralo eu".

Dende o sector das axencias de viaxes lembran que as respostas da IA poden conter erros como por exemplo organizar conexións entre trens ou avións sen tempo abondo entre elas ou crear  percorridos con tantos puntos de interese que é complicado chegar a todo e gozar da experiencia.

Por iso recomendan confirmar horarios e repasar as suxestións para que se axusten ao tipo de viaxe que se busca.

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade